Esta fin de semana (11, 12 e 13 de outubro) disputarase, no Polideportivo Municipal da Fieiteira, o XIX Campionato Internacional Cidade de Riveira con 420 participantes da  modalidade  de combate. A xornada do venres, que será un espectáculo de tricking e TK5 por equipos, será adicada á xunta local da Asociación Española Contra o Cancro, á que se lle farán donativos.

 

Venres solidario. O venres 11 de outubro celebrarase a xornada solidaria, na que o Natural Sport leva xa varias semanas traballando e celebrando actos de promoción, tanto no pobo como nos centros escolares. Celebrarase un campionato de tricking, no que haberá rompimientos espectaculares en altura, duelo de exhibicións por equipos, ademais de combate TK5 por equipos, no que participarán grandes taekwondistas galegos, que se queren sumar a esta causa solidaria. Os asistentes poderán deixar o seu donativo para a Xunta Local de Ribeira da AECC.

 

O sábado comezará o campionato oficial, que este ano só se celebrará na modalidade de combate en catro pistas dispostas sobre o Pavillón da Fieiteira. Haberá clubs de Galicia, o resto de España e Portugal, e hai que destacar a participación da selección júnior de Madrid.

 

O sábado 12 disputarase pola mañá a competición das categorías máster, absoluta, infantil e precadete (de 9 a 15:00 horas) e pola tarde a júnior (de 16 a 20:00 horas). Ademais o sábado celebrarase un acto de homenaxe a todos e todas as competidoras/es galegas/os que participaron noso últimos europeos (cadete, júnior e sub 21) e Mundial (absoluto).

 

O domingo pola mañá finalizará o Cidade de Riveira coa competición cadete (de 9a 14:00 horas). O torneo será, un ano máis, organizado polo Natural Sport Videlgi, coa colaboración da Federación Galega de Taekwondo e o Concello de Riveira.

 

 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email