O sábado 19 de marzo (a partir das 10:00 horas) celebrarase no Pavillón Municipal da Marisma de Redondela o Campionato Galego Escolar das modalidades de técnica e freestyle, que reunirá a 550 participantes, pertencentes a 25 clubs de Galicia, das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, masculino e feminino (en freestyle só participan as categorías infantil e cadete). Ademais tamén contaremos coa participación de máis de 30 árbitros, que serán os encargados de puntuar o traballo das e dos nosos taekwondistas. Este será o primeiro Galego Escolar dende o ano 2019, xa que a pandemia da COVID impediu a celebración das edicións dos anos 2020 (fíxose un torneo on-line) e 21.
Para participar na final, as e os deportistas tiveron que quedar na metade mellor clasificada nas fases provinciais, que se celebraron durante o mes de febreiro en Oza-Cesuras, Ourense, Cambados e Taboada. Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo.
VER HORARIOS: https://www.dropbox.com/sh/qkymsqb7d6to6ug/AADeBKTKCSPOtmef4Rcg73XRa?dl=0