O II Torneo online #YoEntrenoEnCasa de combate e técnica batiu todas as marcas esperadas con  550 participantes, 47 clubs de toda España e 1 de México…. Así, con esta participación, as e os taekwondistas galegos, e de fóra, amosaron as gañas que teñen de saír ao tapiz a competir.

Desta forma, hoxe comezou a fase preliminar, na que as e os participantes deben enviar os seus exercicios para que sexan valorados mañá polos xuíces, que decidirán quen pasa as semifinais. Clasificarán para a ronda de semifinal a metade dos deportistas clasificados (en caso de ser 10 ou menos, pasarán os 6 inscritos con mellor resultado).

O mércores celebrarase esta segunda rolda, que será arbitrada o xoves, e o venres será o día das finais. O sábado 25 de abril os xuíces decidirán os gañadores e se procederá á súa publicación. Teredes toda a información sobre o torneo no grupo de facebook do evento.

INSCRICIÓNS COMBATE

https://docs.google.com/…/1tnDZBpdJETkmMGcy46vOFtXCsC…/edit…

INSCRICIÓNS TÉCNICA e SORTEO

https://docs.google.com/…/1QexxLOgPRGFmtLBDVT9lLo0kaL…/edit…

ÁLBUM PARA VÍDEO COMBATE

https://photos.app.goo.gl/MktQAXXW752cVoJd7

ÁLBUM PARA VÍDEO TÉCNICA

https://photos.app.goo.gl/r2tGg58suchNdJsu9

A organización do torneo corre a cargo dos clubs Hebe de Moaña, Neka de Monforte, Natural Sport de Sada e Taemi de Mieres, que foron os creadores da primeira edición #YoEntrenoEnCasa Técnica, que se celebrou en pechado, para as e os seus deportistas. Pero ante a avalancha de peticións doutros clubs e taekwondistas, os organizadores animáronse a poñer en marcha esta segunda edición e ampliala tamén á modalidade de combate.
Print Friendly, PDF & Email