O pavillón municipal Sada acollerá o sábado 21 de decembro a Copa Xunta de Galicia de técnica e o Campionato Galego de Hapkido con 650 deportistas inscritos e 54 árbitros/as.

 

A Copa Xunta de Galicia de técnica (infantil e adultos) é un torneo que ten como obxectivo prioritario a promoción deste deporte, aínda que dende hai catro anos inclúe a categoría competitiva, que outorgará puntos para o ránking galego de técnica.

 

Neste torneo participan aqueles deportistas que acadaron a clasificación nas fases provinciais que se celebraron en novembro, coa participación de 1.000 rapaces e rapazas. Un tercio dos participantes da categoría amateur acadaron a participación para a Copa Xunta, mentres que na competitiva os clasificados foron a metade dos participantes.

 

Na categoría non competitiva hai inscritos 435 deportistas. Ademais, na modalidade competitiva -na que estarán en xogo puntos para o ránking galego de técnica- contamos con 161 taekwondistas. Ademais, tamén se celebrará o Campionato Galego de Hapkido con 49 competidores. A competición celebrarase en horario de mañá (de 09:00 a 15:30 horas).

 

Entrada de balde

 

Print Friendly, PDF & Email