A Federación Galega de Taekwondo celebrou esta fin de semana o primeiro curso de arbitraxe de combate online cunha gran participación. Un total de 70 participantes das distintas categorías inauguraban a nova aula virtual da FGT, que lles permite facer un seguimento da formación a distancia, así como ter acceso ao exame online. O alumno/a  ten a posibilidade de acceder aos contidos así coma a todo o seu expediente, cualificacións…. etc.

A vindeira fin de semana celebrarase o curso de xuíces puntuadores de técnica que tamén contará cun gran número de inscritos. Ademais, a Federación está traballando na preparación doutros cursos para impartir próximamente, entre o que se atopa o de titulación de adestradores.

Sen dúbida durante o confinamento é un gran momento para traballar na formación de forma online, ante a limitación de movementos e a imposibilidade de celebrar competicións. Por iso, a Federación acelerou a posta en marcha da aula virtual e a resposta do taekwondo galego está a ser espectacular.

Print Friendly, PDF & Email