Non puido ser… A pesar do esforzo e bo facer de Iván García (+80 quilogramos, Mat´s) escapouse a clasificación para os Xogos de París.
O galego tiña ante si a última oportunidade para acadar unha praza olímpica, despois dun ano moi complicado por culpa desa lesión de xeonllo que o tivo fóra dos tapices durante cinco meses. Así, había que comezar de cero e de nada servía que antes da lesión tiña o segundo posto do ranking olímpico.
Con esta presión, afrontaba o Grand Slam de Wuxi (China) e por riba o sorteo non puido ser máis complicado. O primeiro combate era contra o ruso Vladislav Larin, o último campión olímpico, e ademais no seu lado do cuadrante estaban os rivais máis duros, que se ían eliminar entre eles.
Pero o primeiro combate foi decisivo. Iván venceu o primeiro asalto de forma clara e sorprendendo ao seu rival (4-0). O segundo estivo moi igualado, pero a falta de 10 segundos Iván ía perdendo por rexistros polo que tivo que arriscar, o cal foi aproveitado por Larin para puntuar. Así houbo que ir ao desempate, tamén tremendamente axustado, ata que a falta de 20 segundos o ruso logrou poñerse por diante e Iván xa non puido remontar.
Larín foi o ganador do Grand Slam e ademais o único rival que foi capaz de arrincarlle un asalto ao campión olímpico foi o noso taekwondista, o cal amosa o gran traballo feito por Iván.
Hoxe máis que nunca o taekwondo galego está moi preto e moi orgulloso do noso Iván!!!
#taekwondogalego #OrgullososDosNosos