A selección galega cadete logrou tres ouros, tres pratas e cinco bronces no Campionato de España da categoría, que se celebrou esta fin de semana en Torrevieja.  Ademais, Galicia ocupou a primeira posición na clasificación por equipos femininos, mentres que foi terceira na clasificación xeral. Os ouros foron para Dafne Piñeiro, Ángela Balado e Alberto de la Iglesia; as pratas para Julia Gómez, Keila Crujeiras e Antón Quintero e os bronces para Andrea Rodríguez, Daniel Abeijón, Nicolás Casas, Thiago Segade e Erik Misa.

 

En -55 quilogramos femininos, tivemos unha final galega con Dafne Piñeiro (Natural Sport) e Keila Crujeiras (Malamia). Dafne chegou ao combate final despois de eliminar a catro taekwondistas. Na primeira rolda superou a Paula Alonso (2-0); despois a Paula García (1-2); nos cuartos a Ana Jarmán (2-0) e na semifinal a Myriam Alfonso. Pola súa banda Keila arrincou o campionato ante Marwa Chentouf (2-0); a continuación deu boa conta de Guacimara Sánchez (2-0) e na semifinal gañou a Elena Vázquez, tamén en dous rounds. Na final galega, impúxose Dafne en dous asaltos. O primeiro estivo moi igualado ata que a falta de poucos segundos Dafne logrou puntuar cunha acción arriba (3-0). No segundo asalto houbo empate (2-2)  e se decidiu por rexistros, logrando así Dafne o título de campioa de España cadete.

 

No peso pesado feminino, Ángela Balado (Mat´s) logrou o título de campioa de España tras gañar a catro rivais. En primeira rolda enfrontouse a Giulia Martín (2-1) e despois a Maya Anagor (2-0). Na semifinal superou a Alicia Palomino tamén en dous sets e rematou unha competición impecable, superando na final a Paula Peña.

 

Alberto de la Iglesia (-49, Natural Sport) logrou o ouro despois de impoñerse en catro combates. Arrincou ante Alejandro Calvo (2-0), para continuar avanzando fronte a Oliver Soler nunha loita máis axustada (2-1). Na semifinal superou a Darío Felipe en dous asaltos e rematou un torneo perfecto superando a Martín Mimoso, tamén por 2-0.

 

Ademais da prata de Keila, hai que sumar as preseas de Julia Gómez (-41, Kwon Betanzos) e Antón Quintero (+65, Kwon Betanzos).  Julia venceu na primeira rolda, en tres asaltos, a Adah Radovan (Murcia), unha das favoritos da categoría e a continuación enfrontouse á primeira cabeza de serie e campioa de Europa Cadete, Nayla Lorente (Cataluña), á que gañou en dous rounds.

 

Nos cuartos tivo o combate máis cómodo ante Baleares e na semifinal enfrontouse á representante de Andalucía, Valle López. Julia remontou, nos últimos segundos do segundo asalto, cunha acción con xiro para levar o combate ao desempate e no terceiro dominou con claridade para plantarse na final. Aquí esperaba Zoe Martínez (Comunidade Valenciana) que pareceu un pouco máis fresca e a pesar do bo traballo da galego, esta perdeu en tres asaltos.

 

Antón Quintero partía como cabeza de serie número 1 polo que librou a primeira rolda e a continuación cumpriu os prognósticos vencendo en dous asaltos aos representantes de Andalucía e Cataluña. Xa na final, contra o madrileño  Alejandro Fernández, outro dos favoritos, Antón non realizou un bo primeiro asalto. Tratou de dominar e remontar no segundo, pero tivo que conformarse coa medalla de prata.

 

E por último, destacar os cinco bronces galegos que foron para Andrea Rodríguez (-47, Garrapucho), Daniel Abeijón (-37, Natural Sport), Nicolás Casas (-41, Mace Sport), Thiago Segade (-53, Natural Sport) e Erik Misa (-61, Patiño).

Print Friendly, PDF & Email