Chegou o Campionato de España absoluto de combate. Celebrarase mañá 1 de febreiro en Córdoba, coa participación da selección galega que viaxa co obxectivo de loitar polas primeiras posicións.  O equipo galego conta con deportistas contrastados como Iván García ou Arlet Ortiz, que adestran en Galicia, e todos/as os que adestran e residen nos CAR (Alma Pérez, Javier Otero, Adrián Salanova, Pablo Patiño, Tania Castiñeira, Helena García ou Sergio Troitiño), e sen esquecernos do resto do equipo, con xente nova, potente e chea de ganas. Ademais, no campionato de España Galicia tamén contará cos xuíces Adrián Maceiras  e Conchy Martínez.

 

No aspecto negativo hai que destacar que a nosa delegación ten un desprazamento ata Córdoba moi longo e ademais ao chegar non poderá realizar a pesada, xa que non estará aberta ata a tarde, co prexuízo que iso provoca nas e nos deportistas que non poderán alimentarse ben ata a noitiña.

 

Ano 2024. O pasado ano, Galicia acadou a segunda posición na clasificación por equipos (masculina, feminina e na xeral) no Campionato de España absoluto de combate, celebrado en Málaga, ao sumar un total de 3 ouros (Sergio Troitiño, Iván García e Tania Castiñeira), 6 pratas (Desi Rivadulla, Adrián Salanova, Samuel Meilán, Javier Otero, Helena García, Sara Cortegoso) e 5 bronces (Samuel Méndez, Alba Rey, Miryam García, Arlet Ortiz e Silvia Otero).

 

A continuación tedes a convocatoria.

https://www.taekwondogalego.es/inscricions/?idc=1563

 

 

Print Friendly, PDF & Email