Mañá 3 de febreiro  celebrarase en Málaga o Campionato de España absoluto de combate, coa participación da selección galega que vai co obxectivo de loitar polas primeiras posicións.  O equipo galego conta con deportistas consagrados como Iván García, Tania Castiñeira, Arlet Ortiz, Alma Pérez ou Pablo Patiño, e outros novos, que chegan con moita forza dende as categorías inferiores tales como Sergio Troitiño, Javier Otero, Samuel Meilán, Silvia Otero, Noa Romero e máis. Ademais, no campionato de España Galicia tamén contará con catro xuíces: Alba Muñiz, Adrián Maceiras, María Bautista e Concepción Martínez.

 

Tamén se celebrará o Campionato de España de parataekwondo e a Federación Galega estará representada por Alex Vidal.

 

Ano 2023. O pasado ano, Tania Castiñeira (+73, Hebe) e Helena García (-73, Dobok) proclamáronse campioas de España en La Nucía (Alacante). Ademais houbo catro pratas (Arlet Ortiz, Alma Pérez,  Samuel Meilán e Sergio Troitiño) e seis bronces (Desi Rivadulla, Sara Cortegoso, Miryam García, Alex Pazos, Pablo Patiño e Adrián Pan), que permitiron a Galicia lograr a segunda posición por equipos na clasificación xeral e na categoría feminina.

 

A continuación tedes a convocatoria.

 

https://www.taekwondogalego.es/cpto-espana-absoluto-03-02-24/

 

 

Print Friendly, PDF & Email