O sábado 7 de febreiro celebrarase en Torrevieja o 50 Campionato de España absoluto de combate, coa participación da selección galega, que viaxa co obxectivo de defender o título de campioa de España 2025.  Sen dúbida non será unha tarefa sinxela, pero os e as taekwondistas galegas viaxan reforzadas pola boa preparación. O equipo galego conta con deportistas contrastados como Iván García, Sara Cortegoso ou Arlet Ortiz, que adestran en Galicia, e todos/as os que adestran e residen nos CAR (Alma Pérez, Javier Otero, Adrián Salanova, Tania Castiñeira, Helena García, Sergio Troitiño), e sen esquecernos do resto do equipo, con xente nova, potente e chea de ganas, como Adrián Davila, Carla Sesar ou Ekaterina Rebón, entre outros. Ademais, no campionato de España, Galicia tamén contará cos xuíces Adrián Maceiras, Conchy Martínez e María Bautista.

 

Esta edición será especial, xa que se celebra o cincuenta aniversario do primeiro Campionato de España de Taekwondo, que se disputou en Barcelona o 22 de febreiro de 1976.  De aquel evento pioneiro xurdiu o primeiro equipo nacional, que ese mesmo año participaría no Campionato de Europa.

 

Ano 2025. O pasado ano, en Córdoba, Galicia acadou a primeira posición na clasificación xeral por equipos no Campionato de España absoluto de combate, ao sumar un total de 5 ouros, 2 pratas e 5 bronces. Ademais, logrou a primeira posición na clasificación masculina e o segundo posto na feminina. Os ouros foron para Iván García (+87, Mat´s), Tania Castiñeira (+73, Hebe), Sergio Troitiño (-87, Mat´s), Arlet Ortiz (-62, Mat´s) e Alma Pérez (-53, Costado TKD Boiro).  Desi Rivadulla (Costado TKD Boiro) e Adrián Salanova (-68, Maniotas Noia) conseguiron a medalla de prata, mentres que Ekaterina Rebón (-62, Número Phi), Pablo Patiño (-68, Patiño), Javi Otero (-54, Natural Sport), Iago Mallo (-80, Tao) e Ainhoa Teira (-49, Natural) subiron ao podio co bronce.

 

A continuación tedes a convocatoria.

https://www.taekwondogalego.es/32808-2/

Print Friendly, PDF & Email