O sábado 4 de decembro celebrarase en Benidorm o Campionato de España de Técnica Infantil coa participación da selección galega. Ademais, este mesmo día celebrarase o Campionato de España de Exhibición infantil e cadete e ao longo desta fin de semana con ponte o Campionato de España de Clubs, no que haberá unha enorme participación de clubs e deportistas galegos.
Técnica Infantil. O sábado celebrarase o Campionato de España de Técnica Infantil por autonomías. A selección galega está formada por 16 deportistas (8 nenos e 8 nenas) das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Na seguinte ligazón tedes a convocatoria.
https://www.taekwondogalego.es/cpto-espana-tecnica-infantil-04-12-21/
En 2019, último campionato de España de Técnica Infantil disputado, Galicia foi terceira en Alacante, cun total de dous ouros, dúas pratas e tres bronces.
Tamén se celebrará o Campionato de España de Exhibición Infantil e Cadete, no que Galicia estará representada polos campións e subcampións galegos. O Galego disputouse en Sada o 30 de maio e na categoría infantil logrou o título o Yidam co Sada na segunda posición, mentres que en cadete cambiaron a orde: Sada foi o campión galego e Yidam, segundo.
Campionato de España de Clubs. Celebrarase tamén en Benidorm do 4 ao 7 de decembro o Campionato de España de Clubs en todas as categorías (infantil, cadete, júnior, sénior, máster) nas modalidades de combate, poomsae e freestyle.