Mañá sábado 25 de maio celebrarase en Benidorm o Campionato de España Júnior, no que a selección galega tratará de ser protagonista.
O combinado galego, formado por trinta deportistas, viaxou onte en dirección a Benidorm para participar nun torneo para o que se estivo preparando nas últimas semanas con concentracións no CGTD de Pontevedra. A selección galega perde, por idade, a deportistas tan destacados como Javier Otero, Mateo Boudjenane ou Helena García, que foron ouro o pasado ano no Campionato de España e medallistas no Europeo da categoría, polo que será un equipo moi renovado. Pese a todo Galicia -con nomes como Noa Romero, Elisa Fernández, Carla Sesar, Ekaterina Rebón, Alba Rey, Adrián Davila, Víctor Videla ou Roi Fraga- tratará de dar o mellor e loitar polas primeiras posicións.
O equipo galego, xunto cos técnicos Pablo Carou, Raúl Bouzas, Dani Torrado, Jesús Benito e Lúa Piñeiro, viaxou onte pola noite en dirección e Benidorm, a onde chegou hoxe con tempo para a pesada e descansar antes do campionato.
Na seguinte ligazón tedes a convocatoria da selección galega júnior.
https://www.taekwondogalego.es/seleccion-xunior-cpto-espana-25-05-24/