Galicia ven de acadar uns excelentes resultados no Open de Portugal, puntuable para o ranking europeo en categorías júnior e cadete. En júnior, a selección galega logrou o segundo posto por equipos, só por detrás do potente equipo CUTA de USA, e por diante de seleccións tan potentes como a de Turquía, que foi terceira. En cadete, Galicia rematou o torneo na 5ª posición. Hoxe continúa a competición na categoría sénior.

 

Estes resultados foron posibles grazas ás seguintes medallas:

 

JÚNIOR

– Ouros: Ángela Balado (Mat’s), Antón Quintero (Kwon Betanzos), Daniel Agra (Mat’s)

– Pratas: Noa Garrido (Mat’s)

– Bronces: Lucía Golobardas (Patiño), Mario López (Patiño), Lucas Corbacho (Taekanart)

 

CADETE

– Ouro: Alba Figueira (Boudsport)

– ⁠Bronce: Noreia Vales (Dobok)

 

Pero, ademais da selección galega, houbo deportistas galegos que viaxaron cos seus clubs e que sumaron máis medallas galegas. Así, na categoría júnior brillaron os deportistas do Kae Sport, Carla Álvarez, que logrou o ouro, e Mario Faro, que foi prata, e o deportista do Mace Sport, Nicolás Casas, que foi bronce.

 

Sumou unha medalla máis en cadete para o Taekanart, Valeria Mallo, que acadou un bronce.

 

Noraboa a todas e todos!!!

 

 

Print Friendly, PDF & Email