05/05/2020

COMUNICADOS IMPORTANTES – VOLTA Á NOVA NORMALIDADE

16/03/20

SANIDADE PON A DISPOSICIÓN DA CIDADANIA O AUTOTEST DE CORONAVIRUS. POR FAVOR, USÁDEO ANTES DO CONTACTO TELEFÓNICO NO 900400116 PARA LIBERAR NA MEDIDA DO POSIBLE A CARGA DA ASISTENCIA TELEFÓNICA. ACCESO Ó AUTOTEST CORONAVIRUS – https://coronavirus.sergas.gal/autotest/index.html?lang=gl-ES

15/03/20

DPTO. ADMINISTRACIÓN DA FGT: SEGUINDO AS RECOMENDACIÓNS DOS SERVICIOS DE RRLL E OS PROTOCOLOS ESTABLECIDOS COMO PREVENCIÓN PARA CONTER O CONTAXIO DO CORONAVIRUS (COVID-19) E POLO BEN DA SAÚDE PÚBLICA, O DPTO. DE ADMINISTRACIÓN DA FGT MANTERÁ A SÚA ACTIVIDADE NORMAL OPERANDO DENDE O DOMICILIO DO PERSOAL.

A ACTIVIDADE LABORAL MANTERÁ UN FUNCIONAMENTO DE ABSOLUTA NORMALIDADE.

PREGAMOS USEN O CORREO ELECTRÓNICO OU FORMULARIO WEB DE CONTACTO PARA DIRIXIRSE Á FGT. GRACIAS.

MÁIS INFORMACIÓN IMPORTANTE:

Lémbrase que a Consellería de Sanidade ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto.

ENLACES DE INTERESE:

CORONAVIRUS XUNTA DE GALICIA: https://coronavirus.sergas.gal/

VER DOCUMENTACIÓN IMPORTANTE – https://www.dropbox.com/sh/cchb718txz4o2k3/AACS8AWo-GowJkhPUInTG1Kia?dl=0

 

13/03/2020

Instrución do 13 de marzo de 2020 da Secretaría Xeral para o Deporte sobre limitacións e condicións para a celebración de actividades deportivas federadas que comporten a afluencia de numerosos deportistas participantes, ditada en virtude da Resolución do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 (DOG núm. 49-Bis  de 12 de marzo). 

Consonte a habilitación recollida na resolución referida e de conformidade coa consellería de Sanidade, visto o desenvolvemento dos feitos no ámbito dos riscos para a saúde dos deportistas e do resto de persoal participante nas competicións deportivas, a actividade deportiva oficial de competencia autonómica queda suspendida.

13/03/2020

A través da presente achegamos a Resolución adoptada polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de marzo de 2020 relativa a epidemia do coronavirus COVID-19 respecto a que salientamos a:

1º) Suspensión da actividade do programa XOGADE.

Suspensión que implica a totalidade do programa e, polo tanto, a suspensión dos adestramentos e competicións. 

13/03/2020

CANCELADA A REUNIÓN DE COMISIÓN DELEGADA E XUNTA DIRECTIVA PREVISTA PARA MAÑÁ SÁBADO 14/03/20

12/03/2020

APRAZADAS AS COMPETICIÓNS DO CALENDARIO FEDERATIVO DO MES DE MARZO. COMUNICARANSE NOVAS DATAS.

CANCELADOS OPEN DE BÉLXICA E OPEN DE ESPAÑA

 

 

Print Friendly, PDF & Email