Hoxe celebrouse en Riveira un adestramento da selección galega absoluta de combate, coa participación de máis de corenta taekwondistas. Estas sesións de traballo celébranse de forma periódica, para que os seleccionadores poidan ver en acción as e aos deportistas e seguir a súa preparación.

Ademais, os técnicos da Federación Galega participaron no curso que está a ofrecer esta fin de semana en Ribeira Dragan Jovi, que foi elixido mellor adestrador do ano 2018 pola Federación Mundial de Taekwondo.

Print Friendly, PDF & Email