E seguimos con boas novas para o taekwondo galego! Adrián Davila (-54, Kae Sport) logrou o bronce nos Multi European Games de Taekwondo, que se están a disputar en Nis (Serbia). Con esta medalla, Davila acada a clasificación para o Europeo sub 21, obxectivo fundamental neste torneo.

 

Adrián librou a primeira rolda, para enfrontarse ao turco Muhammed Barbaros Balki en oitavos de final, ao que superou en tres asaltos. Nos cuartos esperaba o ruso Ilia Titov (atleta independente) e nova vitoria do galego tamén en tres rounds. Así, Davila garantiu a medalla e a clasificación, polo que o seu adestrador decidiu que non era necesario arriscar, xa que Adri arrastra molestias no pé dereito dende o Campionato de España sub 21.

 

Xunto a Adri e o seu adestrador Carlos Manzano, tamén viaxou Elena de Luis (-57, Taekanart), que se enfrontou en primeira rolda á rusa Ariadna Yandolovskaya. A galega, que debutaba de forma internacional, fixo un bo combate pero non puido coa deportista independente e caeu en dous asaltos. Unha moi boa experiencia para medrar!

 

Noraboa a ambos!

 

#taekwondogalego #OrgulloGalego

Print Friendly, PDF & Email