Adrián Salanova (-68, Maniotas) acadou o terceiro posto no Open de Macedonia (G1), que se celebrou esta fin de semana en Skopje (Macedonia). Tamén participou Helena García (-73, Dobok), que rozou a medalla, xa que caeu na semifinal por rexistros.
Adrián Salanova, que librou por sorteo a primeira rolda, superou a Uygar Uysal (Turquía) na segunda eliminatoria e posteriormente a Ben Avidan (Israel) nos cuartos de final. En ambos combates, Salanova venceu en dous asaltos. Na semifinal caeu eliminado ante Gabriele Caulo (Italia) por 2-0. Fantástica actuación de Adrián, que suma bos puntos para o ranking mundial.
Pola súa banda, Helena García quedou moi preto do podio. Gañou o primeiro combate ante a representante de Bielorrusia e avanzou ata os cuartos onde esperaba a croata Mila Mastelic, bronce europeo. Helena gañou o primeiro asalto, perdeu o segundo por rexistros e no terceiro todo se decidiu polo puño da croata co que logrou empatar o round e gañar por rexistros. Finalmente, Mastelic proclamouse campioa do Open.
Ambos taekwondistas galegos terán de novo competición esta fin de semana, xa que foron convocados pola Federación Española para o Open de Serbia (G1), outra cita importante do calendario, xa que ademais de outorgar puntos para o ranking mundial, tamén é puntuable para o ranking nacional cara ao Campionato do Mundo.
Noraboa a ambos e seguimos!!! 💪








