Adrián Salanova, Javier Otero e Sergio Troitiño acadaron hoxe na President´s Cup de Estambul a súa clasificación para o Campionato de Europa sub 21 do ano 2022. Adrián Salanova (-68, Maniotas) logrou a medalla de ouro, mentres que Javier Otero (-45, Kae Sport) e Sergio Troitiño (+78, Mat´s) foron prata. Moi preto quedou Samuel Meilán (-59, Tao), que caeu nos cuartos de final.

 

Adrián Salanova (Maniotas) logrou proclamarse campión da President´s Cup en -68 quilogramos tras vencer nos seus catro combates. En primeira rolda superou ao turco Omer Cayir de forma contundente (25-5) e despois en cuartos eliminou ao tamén local Samet Yildiz (12-6).  O combate más complicado foi o de semifinais ante Ozan Toytoglu ao que superou no punto de ouro, tras finalizar os tres asaltos empatados. A final tamén foi contra un turco, Cemil Tarik Altingoz e Adrián volveu a imponerse para acadar o ouro (8-7).

 

Sergio Troitiño (+78, Mat´s) foi prata ao caer na final ante o ucraíno Ilya Lipatov (12-23). Nos anteriores combates venceu con moita facilidade a Omer Osman Mercimek (16-6), Berdan Ali Firat (19-7) e Ali Erdem Yesilyurt (18-8), todos eles turcos.

 

Javier Otero (-45, Kae Sport) logrou tamén a segunda posición. Venceu nos cuartos a Aziz Mert Gok (4-45) e na semifinal a Mehmet Bugra Bolat (15-17), pero non puido con Enes Kaplan na final (34-14).

 

Quedou as portas Samuel Meilán (-59, Tao), que gañou dous combates (ante o frandes Adam Rekik e o turco Emre Sirakaya) e foi derrotado polo turco Furkan Gulec nos cuartos.

 

Ademais, na categoría sénior, tamén caeu nos cuartos de final da President´s Cup Alma Pérez (-53 quilogramos, Suh), que ía convocada pola Federación Española de Taekwondo. Gañou no primeiro combate a Senizcan Aras (Turquía) con facilidade (23-7) e non puido superar os cuartos nos axustado combate ante Elif Ilgin Oztabak, que se decidiu por so un punto (7-8).

Print Friendly, PDF & Email