Alex Vidal (-61 quilogramos, Natural Sport Riveira) disputará mañá o Mundial de Parataekwondo, que se está a disputar estes días en Antalya (Turquía) cunha participación histórica de case 400 inscritos. En Tokio 2020 será á primeira vez que o taekwondo pase a formar parte do calendario paralímpico, polo que se aprecia unha maior participación, preparación e interese por parte dos deportistas.
Así, na súa categoría (k43) compiten un total de 14 deportistas, destacando o actual número 1 do ranking olímpico, o francés Bopha Kong, xa un vello coñecido para Alex, porque é moi normal que se enfronten nas finais dos campionatos do mundo ou europeos. No último Mundial (Londres 2017) foi o galego o que se impuxo nesa final, mentres que no último enfrontamento entre ambos, foi o francés quen venceu, na final do Europeo 2017, en Sofía (decembro de 2017), onde o taekwondista do Natural logrou a medalla de prata.
Alex Vidal conta cun curriculum espectacular, con catro campionatos do mundo (2012, 2013, 2014 e 2017) e dous campionatos de Europa (2015 e 2016) e agora o seu soño é lograr a clasificación para Tokio 2020.
Ademais de Alex, teremos a dous galegos máis. María Bautista, como única representante da arbitraxe español, e Manuel Barros, como xuíz clasificador.