Esta fin de semana tivemos a tres taekwondistas galegos competindo no Grand Prix de Roma! Alma Pérez, Iván García e Tania Castiñeira non puideron regresar con medallas, pero si competiron a un bo nivel e seguen medrando na súa traxectoria deportiva.
No caso de Iván García (+80, Mat´s), que volve despois dunha grave lesión, logrou a primeira vitoria dende o regreso hai unha semana. Iván gañou ao turco Enbiya Taba Bicer en tres asaltos e comezou a ir collendo boas sensacións. No segundo combate enfrontouse a Nikita Rafalovic (Usbequistán) e o galego perdeu o primeiro asalto. No segundo, Iván ía por diante no marcador e xa pensando no desempate, pero despistouse e o rival logrou o empate a rexistros e perdeuno por decisión arbitral. Pese a todo, deu un paso adiante importante na busca de sensacións trala operación.
Pola súa banda, Tania Castiñeira (+67, Hebe) tamén caeu no segundo combate. No primeiro, a galega fixo unha gran remontada ante a brasileira Gabriele Siqueira para finalizar vencendo por 2-1, pero no puido coa seguinte rival. Nos oitavos de final enfrontouse á francesa Althea Laurin, campioa do mundo en -73, e Laurin logrou a vitoria en dous axustados rounds, que Tania loitou ata o final.
E por último, Alma Pérez (-57, Suh Sport), que perdeu en primeira rolda ante Klaudija Tvaronaviciute (Lituania) nun loita moi apertada que se decidiu no terceiro asalto. Klaudija é habitual en -62 e esa diferenza de peso notouse no tapiz. O primeiro asalto foi para a lituana de forma clara, pero Alma reaccionou e igualou o combate vencendo no segundo a rexistros. No terceiro, Alma estivo metida ata o final e todo se decidiu nos últimos segundos cun puño da lituana que lle deu a vitoria (5-4).
#Orgullososdosnosos #Orgullosasdasnosas #TaekwondoGalego