Chegou a primeira medalla para o taekwondo galego nos Xogos Europeos!! Alma Pérez (-53, Suh Sport) logrou a prata, despois dunha fantástica competición.
A galega comezou a competición ante Despina Pilavaki (Chipre) e superouna en dous asaltos e con gran comodidade. Tamén en dous sets venceu a Dominika Hronova (República Checa) e o mesmo sucedeu na semifinal, na que gañou a Luca Marta Patakfalvy (Hungría).
Na final esperaba Ivana Duvancic (Croacia), unha deportista moi coñecida para Alma, con resultados a favor e en contra. No Europeo venceu Alma e no Mundial, a croata. Nos Xogos Europeos ambas taekwondistas ofreceron unha loita moi axustada. No primeiro asalto Duvancic gañou por 1-0 e no segundo, Alma arriscou un pouco máis, e perdeu (3-0).
Pola súa banda, Arlet Ortiz (-57, Mat´s) caeu no segundo combate de repesca. A galega venceu nos oitavos de final, pero caeu nos cuartos ante Jade Jones (Gran Bretaña), polo que pasou á repesca. No primeiro combate gañou á islandesa Gretarsdottir, pero no segundo tivo como rival á turca Ilgun (campioa de Europea e número 1), que freou o seu camiño cara a loita polo bronce.
Noraboa Alma e Arlet!!
#taekwondogalego #Orgullosasdasnosas