Os galegos Alma Pérez (Suh Sport), Tania Castiñeira (Hebe) e Iván García (Mat´s ) están a participar no Grand Prix 2022, que se está a celebrar en Roma. Como ben sabedes este torneo reúne aos 32 mellores taekwondistas do mundo de cada peso e ademais este ano ten a novidade de que estrea o novo regulamento. Así, para vencer o combate o deportista debe gañar dous asaltos (sen importar a diferenza).
Hoxe celebrouse o primeiro día de competición e nel debutou a galega Alma Pérez (-57 quilogramos). En primeira rolda tivo unha dura rival, a chinesa Chia-Ling Lo (bronce olímpico en Tokyo). Alma fixo un gran combate, aínda que finalmente caeu derrotada ante Lo. A galega gañou o primeiro asalto, pero perdeu nos dous seguintes, que estiveron moi axustados, polo que non puido avanzar na competición. Pese a todo, hai que destacar o bo papel realizado por Alma no seu primeiro Grand Prix.
Mañá saltarán ao tapiz Tania Castiñeira e Iván García, así que estaremos moi pendentes!
#TaekwondoGalego #Orgullososdosnosos