As taekwondistas do Garrapucho Andrea Rodríguez e Elisa Fernández acadaron a medalla de bronce no Open de Luxemburgo, que se celebrou hai uns días.
Na categoría júnior Elisa Fernández (-52 quilogramos) logrou a medalla de bronce, despois de facer tres combates. En oitavos venceu a unha representante belga e nos cuartos tamén lle tocou enfrontarse a unha belga, nun emocionante combate que se decidiu no último segundo do terceiro asalto. Xa na semifinal perdeu contra Elien Rabaut (Bélxica), unha vella coñecida para Elisa, xa que competirá contra ela no Open de Bélxica. Rabaut venceu á galega e tamén o Open.
Pola súa banda, na categoría cadete, Andrea Rodríguez (-47 quilogramos) gañou en oitavos de final a unha competidora francesa e nos cuartos superou a unha taekwondista alemá cunha fantástica remontada para chegar ao terceiro asalto e vencer por KO. Na semifinal perdeu ante a española Noa Mateo, a cal ao final proclamouse campioa do Open de Luxemburgo.
Tamén competiron no Open de Luxemburgo, Pablo Carreira que foi oitavo; Diego Carballo, que non puido superar a primeira rolda ante Gran Bretaña e Dawit Santiso, que perdeu contra Israel no primeiro combate.