O Kwon Betanzos participou esta pasada fin de semana no Open de Tirana (Albania) e volveu a casa cunha prata e un bronce! Antón Quintero quedou na segunda posición, mentres que Julia Gómez foi terceira!

 

No peso pesado, o cadete Antón Quintero acadou a medalla de prata despois de enfrontarse a rivais gregos en semifinal e final. No último combate caeu ante competidor de case 2 metros de estatura e cunha tremenda envergadura.

 

Ademais, tamén en cadete, Julia Gómez (-41) logrou a medalla de bronce tras gañar a taekwondistas de Grecia,  Serbia e Italia. Na semifinal perdeu nunha loita moi axustada, ante a actual campioa do mundo cadete, a italiana Virgina Lampis.

 

Tamén viaxó co Kwon Sofía Rodríguez (-44), que quedou as portas dos metais, ao perder nos cuartos de final coa primeira cabeza de serie e a gañadora final do Open de Tirana, Nicole Masala, que tamén eliminou a outra betanceira, Arianna Deibe, en primeira rolda.

 

Pola súa banda, Lía Carballido (-44) e Mencía Villar (-41), en cadete, e Adriana Naveiro (-59) e Altagracia Gómez (-55) en júnior, renderon a bo nivel, pero non puideron achegarse aos tan prezados metais. Os rapaces/as estiveron acompañados polos técnicos do Kwon Betanzos Rubén Taboada e Sebastián Curvelo, que debutaba en Albania como coach internacional

 

E non só tivemos deportistas en Tirana. Aí tamén contamos coa participación dos nosos xuíces internacionais Conchy Martínez e Adrián Maceiras, que amosaron o seu gran nivel unha vez máis.

 

Print Friendly, PDF & Email