Antón Quintero (Kwon Betanzos) logrou a medalla de ouro no Campionato de Europa de Clubs na categoría cadete, que se celebrou esta fin de semana en Albania. Con este resultado, Quintero logrou a clasificación para o Europeo de seleccións.
Antón, como cabeza de serie número 1, librou a primeira rolda, para despois certificar a súa posición no ránking europeo gañando aos seus rivais de Ucraína e Turquía sen ceder un só asalto.
O Kwon Betanzos tamén viaxou con Julia Gómez e Arianna Deibe. Julia quedou ás portas dos metais tras dos combates (Grecia e España) e só perder nos cuartos ante Alemaña. Ademais, Arianna perdeu na segunda rolda con Serbia tras vencer con folgura no primeiro combate a unha representante de Italia.
Por outra banda, sinalar que Manuel del Río, do Maniotas de Noia, perdeu na segunda rolda en -55 quilogramos júnior, realizando un moi bo combate contra un representante de Moldavia. Manuel viña de gañar comodamente a primeira rolda contra Grecia.