A galega Arianna Deibe (-51, Kwon Betanzos) caeu na segunda rolda do Mundial Cadete, que se está a celebrar estes días en Fujairah (Emiratos Árabes Unidos).

 

A categoría de -51 quilogramos foi unha das máis numerosas do mundial con 40 taekwondistas de todo o mundo. Ari comezou a súa participación contra a representante de Jordania. Os nervios eran palpables, pero tirou de casta e venceu en 2 asaltos. Na segunda rolda tocou Portugal, nun combate tremendamente igualado. Arianna gañou por 7-5 o primeiro asalto, e cando xa acariciaba a vitoria, a portuguesa arriscou e deulle a volta ao marcador nos últimos segundos do segundo round (10-7). O terceiro e definitivo asalto comezou coa mesma igualdade, ata que a representante lusa se escapou 5 puntos arriba e Ari, a pesar de intentalo todo, non puido remontar para meterse entre as 10 primeiras do mundo. Así a nosa taekwondista finalizou o Mundial no posto 17º e sumou unha experiencia inesquecible.

 

Print Friendly, PDF & Email