Non puido ser. Arlet Ortiz caeu na primeira rolda do Campionato do Mundo Absoluto, que se está a disputar estes días en Manchester. Arlet (-57 quilogramos, Mat´s). enfrontouse a Pauline Louise López, de Filipinas. Foi un combate moi axustado, que finalmente se decidiu no punto de ouro a favor de Pauline.
Arlet chegou ao terceiro asalto dous puntos abaixo (10-8) e neste último tercio da competición pasouno bastante mal, porque chegou a estar catro puntos abaixo (16-12). Pero remontou e no último instante logrou o último punto que lle permitiu empatar (16-16) e ir ao punto de ouro. Pero aquí se escapou o pase á seguinte rolda.
Moito ánimo Arlet!! Unha experiencia máis para seguir aprendendo e mellorando!!