A taekwondista galega Arlet Ortiz (-62, Mat´s) logrou a medalla de ouro no Open de Suíza (categoría G1-E1), sendo ademais elixida como mellor competidora do evento. Ademais, a súa compañeira de club, Karoline Castillo foi bronce en -53 quilogramos.
Arlet subiu ao máis alto do podio despois de vencer na semifinal a Francesca Franceschi (Francia) e na final a Luca Patakfalvy (Hungría), controlando en todo momento ás súas contricantes e facendo un gran traballo ao superar a ambas en dous asaltos. Ouro e puntos para o ranking!
Pola súa banda, Castillo venceu nos cuartos de final á Lily Hoy (Gran Bretaña) con claridade (2-0, para plantarse na loita polas medallas. Na semifinal, nun axustado combate, perdeu ante a francesa Ines Gire (2-1), conseguido así a medalla de bronce.
Noraboa rapazas!!! Seguimos!!
#taekwondogalego #OrgulloGalego








