Arlet Ortiz (-53, Mat´s) e Iván García (+87, Mat`s) participaron esta fin de semana no Open de Albania, categoría G-1, e lograron subir ao podio: Arlet foi prata e Iván, bronce.

 

Arlet, que nesta ocasión participou en -53 quilogramos, fixo un total de catro combates. En primeira rolda superou de forma clara (11-1) a Lea Hoglinger (Austria) e avanzou así aos cuartos de final, onde tivo como contrincante a alemá Madelaine Ger Folgmann. Novamente, a nosa deportista gañou con solvencia e logrou meterse nos cuartos de final, onde esperaba Ela Aydin (Alemaña). Nova vitoria da galega que non pasou apuro algún para meterse na final onde tivo que enfrontarse á alemá Julia Ronken. Foi un combate moi axustado que ao final se decantou a favor de Ronken. Prata para Arlet Ortiz.

 

Pola súa banda, Iván García (+87) acadou a medalla de bronce despois de tres combates. En primeira rolda deu boa conta do italiano Alfredo Taloti (8-1) e así pasou aos cuartos de final onde tivo que enfrontarse a Kristiyan Zlatev (Bulgaria). Novo triunfo moi cómodo para o galego (12-2). Na semifinal tiña como rival ao turco Emre Atesli, campión de Europa e medallista mundial, un magnífico taekwondista e unha dura proba para o noso competidor, que tiña gañas de enfrontarse a el. Foi un combate moi axustado ata os dous últimos segundos, cando o turco logrou puntuar e lograr o triunfo. Así, bronce para Iván García.

Print Friendly, PDF & Email