Arrincou o Campionato de Europa Cadete, que está a disputarse en Atenas (Grecia), con dous representantes galegos (Dani Abeijón e Nicolás Casas) sobre o tapiz. A pesar de non lograr medalla nesta primeira xornada, os nosos deportistas ofreceron unha gran imaxe, competindo con intensidade e demostrando o seu nivel.

 

Daniel Abeijón (-41 quilogramos, Natural Sport) protagonizou un combate moi igualado fronte ao representante “neutral”, o deportistas ruso Ruslan Guseinov. Dani comezou con boas sensacións e adiantouse no marcador tras gañar o primeiro asalto. Porén, o rival conseguiu darlle a volta ao resultado impoñéndose nos dous seguintes, finalizando o duelo por 2 asaltos a 1.

 

Pola súa banda, Nicolás Casas (-49 quilogramos, Mace Sport) comezou o campionato cunha gran vitoria ante o francés Lonys Lemouddda, por 2 asaltos a 1. Xa na segunda rolda, Nico protagonizou un emocionante combate contra o búlgaro Viktor Vangelov, no que foi medrando a medida que avanzaban os asaltos. Finalmente caeu por 2-0, nun enfrontamento moi axustado ante o que posteriormente alcanzaría o bronce europeo.

 

Calendario do venres

A competición continuará para Galicia na xornada do venres 7, na que será a quenda de:

  • Ainara Piñeiro (-29, Natural Sport)

  • Arianna Deibe (-51, Kwon Betanzos)

Moita sorte ás nosas deportistas, que seguro darán o mellor de si sobre o tapiz europeo!

 

Print Friendly, PDF & Email