Arrinca o ano 2026 para a Federación Galega de Taekwondo. O sábado 10 de xaneiro celebrarase o II Open do Camiño Vila de Sarria de poomsae e freestyle, con 350 inscricións, que será o primeiro torneo do calendario galego deste ano. Ademais, o campionato, organizado polo club AC Taekwondo Sarria, é ranqueable para formar parte da selección galega infantil de poomsae e freestyle. Entrada de balde.

 

Na categoría infantil haberá torneo competitivo tanto para técnica como freestyle, mentres que na modalidade amateur so será en poomsae, tanto para infantil como adulto, e poderán participar en individual, parella, trío e quinteto (outra novidade do Open do Camiño). Por último sinalar, que na edición deste ano, se inclúe o parataekwondo, tal e como xa sucedeu na Copa Xunta.

 

A competición comezará as 9 da mañá, no Pavillón Municipal Novo de Castelao (Sarria), e  desenvolverase en sesións de mañá e tarde, con entrega dos trofeos ao remate das mesmas.

 

 

Print Friendly, PDF & Email