No mes de xullo comezaron as actividades do taekwondo galego no Plan Corresponsables 2024! Nesta actuación financiada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, participan once ximnasios, das catro provincias galegas, que están a realizar actividades deportivas e lúdicas para nenos e nenas de 4 a 16 anos. O obxectivo e alcanzar a preto dun millar de participantes.
Os clubs integrados no Corresponsables son Sares TKD, Couto, Natural Sport, TKD Juan Cee, Sada, Taekanart, Mace Sport, DBK Taekwondo, Jansu, Ssiu e Hebe, os cales durante catro meses (de xullo a outubro) desenvolverán actividades deportivas gratuítas a todas e todos os pequenos interesados co obxectivo fundamental de “axudar a conciliación familiar”.
Durante o verán os nosos clubs nos pararon de ofertar actividades lúdicas e deportivas, que permiten aos participantes coñecer e convivir con novos amigos e amigas, así como achegarse ao taekwondo xunto a técnicos e técnicas profesionais. E quedan dous meses máis por diante!
Este é o terceiro ano consecutivo no que se celebra o Plan Corresponsables, unha actividade financiada pola Xunta de Galicia, a través da Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes. O devandito plan promove a conciliación e a igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos menores ao cargo, ao habilitar servizos de coidado profesional con actividades de animación socio deportivas para nenos e nenas de ata 16 anos de idade.