Comezou o Mundial de Técnica e Freestyle de Korea (Goyang, do 21 ao 24 de abril) e nesta primeira xornada dúas parellas galegas acadaron a súa clasificación para a final.
As boas noticias chegaron da man das parellas cadete e júnior. A parella cadete, formada por Lucía Roca e Aitor Teijeiro, conseguiron a clasificación para a final de mañá como quintos clasificados. Na final terán como rival a México.
Pola súa banda a parella júnior Laura Álvarez e Daniel Arean lograron o pase como cuartos clasificados e na final enfrontaranse a Vietnam (quintos clasificados).
Ademais, na xornada de hoxe tamén competiron o trío 1 masculino (Álvaro Portela, Alex Losada, Carlos Rey) que quedaron moi preto da clasificación. Eran dous grupos de dez equipos cada un; lograban o pase os cinco mellores e Galicia foi sexto, nun grupo moi duro, cheo de asiáticos e Estados Unidos.
Tamén quedaron fóra o trío júnior feminino (Yaiza Velo, Karla Novo e Margarita Mora, esta última de Andalucía) e o quinteto (Celia García, Bárbara Di Martino, Alex Losada García, Gabriele Santomé, Uriel Pereira). O quinteto de freestyle de máis de 18 anos tivo unha magnífica actuación sobre todo tendo en conta que houbo un cambio de integrantes a falta de poucos días para a disputa do Mundial, polo que con pouco traballo en conxunto fixeron unha magnífica actuación, quedando na novena posición, igual que o trío júnior feminino.
| GALICIA NO MUNDIAL DE POOMSAE E FREESTYLE | |||
| LUCAS YELO PALOMERAS | Kiap | Cadete | Técnica |
| AITOR TEIJEIRO ELIDIO | Neka | Cadete | Técnica |
| PEPE SOTO VEIRA | TKD Sada | Cadete | Técnica |
| LUCIA ROCA RODRÍGUEZ | Neka | Cadete | Técnica |
| LAURA ALVAREZ SUAREZ | Neka | Júnior | Técnica |
| DANIEL AREAN GREJS | Neka | Júnior | Técnica |
| YAIZA VELO DIAZ | TKD Sada | Júnior | Técnica |
| KARLA NOVO TABOADA | Neka | Júnior | Técnica |
| MARCO GARCIA MARTINEZ | Neka | Júnior | Técnica |
| TOMAS FERNANDEZ HERRERIN | Tao | Sénior | Técnica |
| RAQUEL GUILLÉN SANCHEZ | Tao | Sénior | Técnica |
| ALVARO PORTELA DIEGUEZ | Hebe | Sénior | Técnica |
| CARLOS REY CUADRADO | Neka | Sénior | Técnica |
| ALEJANDRO LOSADA RODRIGUEZ | Neka | Sénior | Técnica |
| RUBEN GALDO MAIRA | TKD Sada | Júnior | Freestyle |
| IREA ABUIN SANCHEZ | TKD Sada | Júnior | Freestyle |
| MANUEL ALEJANDRO PAZ ROMERO | Hebe | Sénior | Freestyle |
| CELIA GARCÍA BLANCO | Tao | Sénior | Freestyle |
| ALEJANDRO LOSADA GARCIA | Hebe | Sénior | Freestyle |
| GABRIELE SANTOMÉ PONTIS | Hebe | Sénior | Freestyle |
| URIEL PEREIRA GONZALEZ | Tao | Sénior | Freestyle |
| IRIA RODRIGUEZ IGLESIAS | Hebe | Júnior | Freestyle |
| ANGELA PAZ ROMERO | Hebe | Júnior | Freestyle |
| HUGO SANCHEZ SANTOS | Hebe | Júnior | Freestyle |
| ANTÓN SABIN RENDO | Hebe | Júnior | Freestyle |
| IAGO GIL VÁZQUEZ | Hebe | Júnior | Freestyle |
| BARBARA DI MARTINO FERMIN | Hebe | Sénior | Freestyle |
| SAMUEL MEILÁN | Técnico | ||
| JOSÉ MARÍA VEGA | Técnico | ||
| NOELIA PÉREZ | Técnica | ||
| JACOBO RÍOS | Técnico | ||








