Os días 28 de febreiro e 1 de marzo celebraranse en Sant Vicent del Raspeig (Alacante) a os Campionatos de España Cadete e Júnior, nos que as seleccións galegas tratarán de loitar polos primeiros postos.

 

A expedición galega, formada por 61 deportistas, 20 membros do corpo técnico e 4 árbitros/as (Iago Gil Vázquez, Antía García Rodríguez, Adrián Zas Otero e Conchy Martínez Carballo), viaxou onte en dirección a Alacante para competir esta fin de semana.  O sábado celebrarase o Campionato de España da categoría cadete, cun total de 341 taekwondistas inscritos, dos cales 34 son galegos. Nesta categoría, facer prognósticos é moito más complicado, xa que que os protagonistas apenas teñen competicións enriba e moito máis este ano no que houbo unha renovación case total na selección galega, ao dar moitos deportistas o salto a júnior por idade. Iso si, Ainara Piñeiro, que o pasado ano foi campioa de España e bronce no Europeo; Alba Figueira, campioa de España, ou Alejandro Quintela (bronce 2025), seguen na categoría e con ganas de mellorar.

 

2025

O pasado ano, a Federación Galega de Taekwondo arrasou no Campionato de España Cadete celebrado en Tarragona. Galicia acadou a primeira posición por equipos nas categorías masculina, feminina e na xeral. En total, a nosa selección logrou seis ouros (Nicolás Casas, Dani Abeijón, Arianna Deibe, Alba Figueira, Ainara Piñeiro e Ángela Balado) e seis bronces (Mateo Calo, Lucas Martín, Alejandro Quintela, Keila Crujeiras, Sofía Rodríguez, Julia Gómez).

 

O domingo 1 de marzo terá lugar a competición da categoría júnior, cun total de 370 inscricións (27 galegas). Aí Galicia contará con deportistas que acaban de dar o salto de categoría pero que acadaron moi bos resultados na categoría cadete, como son Ángela Balado, Daniel Abeijón, Keila Crujeiras o Julia Gómez. Eso si, todos eles son moi novos, porque esta será a súa primeira experiencia na categoría júnior. Ademais, tamén competirán Antón Quintela o Venus Vilaseco, que o ano pasado xa “rascaron” algunha medalla no seu primeiro ano de júnior.

 

Resultados 2025

A selección galega acadou dous ouros (Tomasa Franco e Carla Sesar), tres pratas (Roi Fraga, Víctor Videla e Antón Quintela) e seis bronces (Luís Fero, Pablo Carreira, Thiago Segade, Ayrton Iglesias, Andrea Videla e Venus Izegbe Vilaseco) no Campionato de España Júnior, que se celebrou en Tarragona. Ademais, na clasificación xeral por equipos, Galicia foi terceira na categoría feminina.

 

Nas seguintes ligazóns tedes as convocatorias para ambos torneos:

 

https://www.taekwondogalego.es/cpto-espana-cadete-28-02-26/

https://www.taekwondogalego.es/cpto-espana-junior-01-03-26/

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email