As seleccións galegas cadete e sub 21 da modalidade de combate participarán esta fin de semana no Campionato de España que se celebrará en La Nucia (Alacante) con case 550 deportistas inscritos. Galicia tamén estará representada na arbitraxe por Adrián Maceiras, Jesús López e Brais González

 

O torneo cadete –para deportistas nados nos anos 2007, 08 e 09- celebrarase o sábado e a selección galega cadete presenta un equipo de 26 deportistas (11 nenas e 15 nenos), moi renovado e máis tendo en conta o ano de parón pola pandemia.  En total nesta categoría hai 301 deportistas inscritos.

 

Na seguinte ligazón, tedes a convocatoria cadete.

 

https://www.taekwondogalego.es/adestramento-cadete-19-06-21/

 

Na categoría sub 21 (deportistas nados entre os anos 2001 e 2005), a Federación Galega despraza a un equipo de 26 deportistas (14 rapaces e 12 mulleres), con varios internacionais na convocatoria. A competición celebrarase o domingo con 240 inscritos.

 

A continuación, tedes a selección galega sub 21.

 

https://www.taekwondogalego.es/adestramento-sub21-19-06-21/

 

Print Friendly, PDF & Email