As seleccións galegas cadete e sub 21 da modalidade de combate participarán mañá 28 de maio no Campionato de España que se celebrará en Almería, con case 600 deportistas inscritos. Galicia tamén estará representada na arbitraxe con oito árbitros galegos (Odhra Di Martino, Fermín Miguel Ríos, Sergio Cobas, Estela Comesaña, Diego Chousa, Jesús López, Adrián Maceiras e Concepción Martínez).

 

Na categoría sub 21 (deportistas nados entre os anos 2002 e 2006), a Federación Galega despraza a un equipo de 25 deportistas (15 rapaces e 10 mulleres). A competición celebrarase mañá a partir das 08:00 horas con 244 inscritos, que desenvolverán o seu traballo nos 10 tapices dispostos no Palacio Municipal Juegos Mediterráneos. Galicia conta cun gran equipo, con xente xa con experiencia internacional nestas categorías como Desirée Rivadulla, Irene Montemuíño, Pablo Patiño ou Sergio Troitiño, entre outros. A principal novidade, negativa, é a baixa de última hora de Ainoha García (subcampioa de Europa Júnior), cunha escordadura forte.

 

O pasado ano, Galicia impúxose na xeral do Campionato de España sub 21 (La Nucia), ao lograr o primeiro posto na categoría feminina e o terceiro, na masculina.

 

No torneo cadete –para deportistas nados nos anos 2008, 09 e 10- están inscritos 338 competidores e a selección galega cadete presenta un equipo moi novo e renovado  formado por  29 deportistas (14 rapaces e 15 rapazas). En total nesta categoría hai 338 deportistas inscritos. O equipo galego está moi  renovado e cheo de ilusión, despois de facer un gran traballo no último Open de España, no que lograron a primeira posición por equipos. O combinado galego estivo traballando moito nos últimos fins de semana para avanzar la preparación, e incluso se desprazaron ata Murcia para participar nun stage con deportistas de diferentes federacións autonómicas.

 

O pasado ano, Galicia logrou a primeira posición na clasificación por equipos da categoría feminina no Campionato de España Cadete, que se celebrou en La Nucia (Alacante).

 

 

Convocatorias galegas para o Campionato de España 2022:

 

https://www.taekwondogalego.es/cptos-espana-cadete-sub21-28-05-22/

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email