Esta fin de semana (do 21 ao 23 de maio) celebrarase en Benidorm o Campionato de España sénior de combate e o de técnica, coas máximas medidas de prevención anti-COVID19. Galicia asiste cunha destacada participación en ambas modalidades e gañas de amosar o traballo realizado.
Campionato de España de Técnica. Dispútase o venres, pola mañá a técnica e pola tarde o freestyle. A competición celebrarase en catro tapices e poderá seguirse a través de streaming.
En 2020, a actuación da selección galega de técnica foi impresionante. As e os nosos deportistas acadaron cinco ouros, unha prata e catro bronces e con estes resultados, Galicia logrou o título na clasificación por equipos.
Na seguinte ligazón podedes ver a convocatoria.
https://www.taekwondogalego.es/selec-gal-cpto-espana-tecnica-21-05-21/
Campionato de España de Combate Sénior. Tras máis dun ano sen competición, a selección galega volve aos tapices, coa intención de seguir no máis alto. Entre os convocados, os cinco ouros do pasado ano: Sara Cortegoso, Alma Pérez, Arlet Ortiz, Tania Castiñeira e Iván García, que defenden o título. A competición feminina celebrarase o sábado e a masculina o domingo.
En febreiro de 2020 celebrouse o campionato de España en Torrelavega e Galicia logrou a medalla de prata na clasificación xeral por equipos e o ouro na clasificación feminina.
A continuación tedes a convocatoria
https://www.taekwondogalego.es/cpto-espana-absoluto-22-05-21/