Esta fin de semana (29 e 30 de xaneiro)  celebrarase en La Nucia (Alacante) os Campionatos de España sénior de combate e técnica. Un ano máis e a pesar das dificultades, Galicia asiste cunha destacada participación en ambas modalidades e co obxectivo de acadar grandes resultados, tal e como nos teñen acostumados.

 

Campionato de España de Técnica. Dispútase o sábado (técnica) e o domingo (parellas e tríos en técnica e freestyle) nas instalacións da Cidade Deportiva Camilo Cano coa participación de case 50 taekwondistas galegos. Este é o torneo que dá a puntuación máis alta para acadar a clasificación do Mundial de Korea, que se celebrará no mes de abril. Galicia conta con un bo número de deportistas nas listas de saída, pero toca confirmar as prazas.

 

No campionato de España do pasado ano, celebrado en Benidorm, a Federación Galega de Taekwondo logrou o primeiro posto na clasificación xeral por equipos tanto en técnica como en freestyle.

 

Na seguinte ligazón podedes ver a convocatoria.

 

https://www.taekwondogalego.es/cpto-espana-tecnica-e-freestyle-30-01-22/

 

Campionato de España de Combate Sénior. O sábado 29 celebrarase o Campionato de España de Combate Sénior, coa participación de 25 deportistas (14 mulleres e 11 homes). Entre os convocados, os tres ouros do pasado ano (Arlet Ortiz, Tania Castiñeira e Iván García), que defenden o título, así como o resto dos medallistas (Sara Cortegoso, Alma Pérez, Pablo Patiño -pratas-, María Ferreiro, Ainoha García, Miryam García, Dessi Rivadulla e Manu Parada -bronces-).

 

No 2021, Galicia tamén logrou a primeira posición na clasificación xeral trala suma dos resultados da categoría masculina (1 ouro, 1 prata e 1 bronce) e feminina (2 ouros, 2 prata e 4 bronces).

 

A continuación tedes a convocatoria

 

https://www.taekwondogalego.es/cpto-espana-absoluto-29-01-22/

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email