ASUNTO: CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ASAMBLEA XERAL DA FGT.
A Coruña, 14 de xaneiro de 2019
Estimado/a compañeiro/a:
Pola presente teño o pracer de convocalo/a á reunión de carácter ORDINARIO da
Asamblea Xeral desta Federación Galega de Taekwondo que se celebrará o vindeiro
día 23 de febreiro de 2019 no salón de actos do Hotel OCA PUERTA DEL CAMINO. Rúa MIGUEL FERRO CAAVEIRO, S/N. 15703 – Santiago de Compostela, dando comezo ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda e última e que contará coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1.- Comprobación de quórum.
2.- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior se procede.
3.- Informe económico do ano 2018.
4.- Informe da presidencia do ano 2018.
5.- Informe dos distintos departamentos do ano 2018.
6.- Proxecto económico para o ano 2019.
7.- Proxectos dos distintos departamentos para 2019.
8.- Calendario deportivo para o ano 2019.
9.- Propostas dos señores membros.
10.- Rogos e preguntas.
Sen outro particular, reciba un saúdo afectuso.
Asdo. Juan Carlos Eiriz López
Presidente
NOTA: Calquera proposta que deba de ser debatida na asamblea xeral deberá
remitirse á sede da FGT antes do día 5 de febreiro de 2019 vía email a
administración@taekwondogalego.com para facerlla chegar ós asistentes con
anterioridade á celebración da asamblea. Aquelas peguntas que requiran dispor
dunha información específica deberán de ser remitidas no mesmo prazo para
poñer toda a información ao respeto a disposición dos asistentes.