O TAEKWONDO GALEGO PECHA O OPEN DE PORTUGAL CON 20 MEDALLAS E O SUBCAMPIONATO POR EQUIPOS JÚNIOR
O taekwondo galego pechou a súa participación no Open de Portugal, torneo G1 puntuable para os rankings mundial e europeo, cun balance de 20 medallas (7 ouros, 2 pratas e 11 bronces). En categoría sénior chegaron os ouros de Sergio Troitiño (Mat’s) e Roi Fraga (Número Phi), ademais dos bronces de Helena García (Dobok), Arlet Ortiz (Mat’s), Tania Castiñeira (Hebe), Iago Mallo (Tao) e Adrián Davila (Kae Sport). Nas categorías inferiores, Galicia proclamouse subcampioa por equipos júnior e rematou quinta en cadete, nun campionato que serviu como primeira toma de contacto internacional da tempada para moitos dos seus deportistas....
Ler Máis







