Autor: comunicacion

Dúas pratas e tres bronces, na segunda xornada do Europeo de Técnica e Freestyle

Dúas pratas e tres bronces para as e os nosos deportistas na segunda xornada do Europeo de Técnica e Freestyle, que se está a disputar estos días en Antalya (Turquía). En técnica, os máis pequenos seguen a darnos alegrías. O trío cadete masculino -formado por Manu Paz Albores, Francisco Ramos e Rubén Galdó (Natural Sada)- logrou a medalla de prata. Ademais, Celia García (Tao) –que participaba xunto a dúas competidoras de Murcia- logrou a medalla de bronce en trío 1. Xa en freestyle houbo tres medallas máis. Na modalidade individual -17 anos masculina, Galicia contou con dos representantes no...

Ler Máis

UN OURO E OITO BRONCES GALEGOS, NA PRIMEIRA XORNADA DO EUROPEO DE TÉCNICA E FREESTYLE

Oito bronces e un ouro galegos na primeira xornada do Campionato de Europa de Técnica e Freestyle, que se está a celebrar en Antalya (Turquía). Magnífico debut das e dos nosos deportistas en Turquía cunha choiva de medallas. Hoxe celebrouse a proba de parella cadete e con magníficos resultados para os galegos participantes. Alex Fernández (Escola Lucense) competía xunto a Carolina Escolar (Madrid) e lograron a medalla de ouro, mentres que a parella galega formada por Dani Areán e Laura Álvarez (Neka) foron bronce. Ademais, o trío júnior formado por por Manu Paz, Álvaro Portela e Gabriele Santomé (Hebe)...

Ler Máis

Galicia, moi ben representada no Europeo de Técnica e Freestyle de Antalya

Esta semana celebrarase en Antalya (Turquía) o Campionato de Europa de Técnica e Freestyle, no que contaremos coa participación de 33 deportistas galegos e dous técnicos (Jacobo Ríos e Samuel Meilán). Ademais, o sábado disputarase o Europeo Praia.   A selección española, cunha destacadísima representación galega, viaxou onte en dirección a Turquía e xa se atopa aí disposta a competir. Neste torneo hai máis de 600 taekwondistas inscritos.   Mañá competirán Raquel Guillén e Alejandro Losada Rodríguez en sénior 1 individual; Sonia Pérez en máster 1 e o trío júnior formado por Manu Paz, Álvaro Portela e Gabriele Santomé,...

Ler Máis

TRESCENTOS DEPORTISTAS, NO CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE TÉCNICA E FREESTYLE QUE SE CELEBRA EN PORTO DO SON

O sábado 30 de marzo (10:00 horas, entrada de balde) celebrarase no Pavillón de Santa Irene (Porto do Son) o Campionato Galego Escolar das modalidades de técnica e freestyle, que reunirá a 300 participantes das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil masculino e feminino. Ademais tamén contaremos coa participación de 40 árbitros, que serán os encargados de puntuar o traballo das e dos taekwondistas. Na modalidade de técnica hai inscritos 270 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, mentres que no freestyle (infantil e cadete masculino e feminino) están inscritos 31 taekwondistas. O freestyle é unha ...

Ler Máis

Galicia, campioa do Open Internacional Ciudad de la Cerámica

A Federación Galega de Taekwondo acudía a este torneo coa selección cadete e as e os nosos pequenos renderon a un altísimo nivel, o que nos permitiu gañar por equipos tanto na categoría cadete coma na xeral. Estes foron os resultados dos nosos deportistas: -29 Feminino: Dulce Nayara (Tao ), ouro -33 Feminino: Noa Romero (Natural Sport), ouro Paula Barreiro (Natural Sport), prata Silvia Otero (Mat´s), bronce -37 Feminino: Carme Santamaría (Natural Sport), ouro -41 Feminino Andrea Chapela (Patiño), oro -44 Feminino: Tania López (Patiño), bronce -47 Feminino: Alessandra Imparato (Mace Sport), ouro Iria Seijo (Patiño), bronce -51 Feminino:...

Ler Máis

AULA VIRTUAL

Aumentar a letra

  • A  A  A  A  

banner xogamos

banner_dgan

PATROCINADORES

logo_deporte logo_xunta
logo_non dep_coruna dep_ponte

Vindeiros eventos

  1. MULTI GAMES-SERVIA

    11 Setembro / 8:00 a.m. - 13 Setembro / 5:00 p.m.
  2. CPTO. ESPAÑA HAPKIDO 2026-SEVILLA

    12 Setembro / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  3. CTO. MUNDO POOMSAE-KOREA

    16 Setembro / 8:00 a.m. - 20 Setembro / 5:00 p.m.
  4. OPEN DE MOAÑA RG (PATIÑO)-MOAÑA

    3 Outubro / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  5. OPEN DE MOAÑA RGAL (PATIÑO)-MOAÑA

    4 Outubro / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Siguenos

RibéSalat Contrata o teu seguro

USC