Autor: comunicacion

CLOE IGLESIAS, PRATA E DIANA SIOTA, BRONCE, NA PRESIDENT´S CUP E CLASIFICADAS PARA O EUROPEO JÚNIOR

Dúas medallas para as taekwondistas galegas presentes na President´s Cup júnior, que se está a celebrar esta fin de semana en Antalya (Turquía). Cloe Iglesias (-59, Patiño) acadou a medalla de prata, mentres que Diana Siota (-49, Couto) foi bronce e ambas lograron a clasificación para o Europeo júnior. Cloe Iglesias, no seu cambio de categoría, realizou un campionato espectacular. Con só 14 anos tivo que enfrontarse a tres rusas para lograr a prezada medalla de prata. En dezaseisavos tivo como rival á turca Hatice Erdogan, á que superou nun axustado combate (2-3). En oitavos atopouse coa primeira rusa,...

Ler Máis

VARIOS GALEGOS NA PRESIDENT´S CUP JÚNIOR QUE SE CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA EN TURQUÍA

Esta fin de semana disputarase a President´s Cup júnior en Antalya (Turquía) coa participación da nove taekwondistas galegos. O obxectivo, acadar a clasificación para o Europeo júnior e para iso hai que subir ao podio (tamén se clasifica o quinto, que perda en cuartos contra o campión do peso). Mañá sábado competirán Cloe Iglesias (-59, Patiño), Sara Gacio (-55, Boudsport), Ainoha García (-59, Couto), Desiree Rivadulla (+68, Suh Sport) e Diana Siota (– 49, Couto). O domingo será a quenda para Javier Torrado (-59, Suh Sport), Pablo Patiño (-63, Patiño), Alejandro Paz (-55,         Natural Sport), Giovanni Imparato (-51,...

Ler Máis

CANGAS ACOLLERÁ MAÑÁ SÁBADO 9 DE FEBREIRO O CAMPIONATO GALEGO PROMESAS CON 240 DEPORTISTAS

O Campionato Galego Promesas das categorías cadete, júnior, absoluta e veteranos de combate reunirá mañá sábado 9 de febreiro no pavillón do Gatañal (Cangas) a case 240  deportistas e 35 árbitros pertencentes a clubs de toda Galicia. Poderán participar neste campionato, organizado polo club Sares TKD de Cangas, aqueles deportistas que non sexan medallistas en campionatos galegos e estatais. Tamén quedan excluídos aqueles taekwondistas que foron membros da selección galega nunha competición oficial. O torneo comezará ás 09:00 horas pola mañá coa competición cadete e júnior (3 asaltos de 1:30) e ás 15:30 horas pola tarde para o resto...

Ler Máis

ALEX VIDAL LOGRA O BRONCE NO MUNDIAL DE PARATAEKWONDO MÁIS DISPUTADO DA HISTORIA

Alex Vidal (-61 quilogramos, Natural Sport Riveira) acadou a medalla de bronce no Mundial de Parataekwondo de Antalya (Turquía), sen dúbida algunha, o máis disputado da historia. Finalmente na súa categoría (k43) competiron un total de 18 deportistas, algo pouco usual ata agora, que está en xogo a clasificación para Tokio 2020, cita na que o taekwondo formará parte do calendario paralímpico por vez primeira. Alex, que defendía o título de 2018, tivo como primeiro rival ao israelí Asaf Yasur, nun combate moi complicado polo mal funcionamento dos petos, xa que de repente subían 16 puntos ou 8. Así...

Ler Máis

ALEX VIDAL PARTICIPA NO MUNDIAL DE PARATAEKWONDO CO OBXECTIVO DE SUMAR PUNTOS PARA A CLASIFICACIÓN OLÍMPICA

Alex Vidal (-61 quilogramos, Natural Sport Riveira) disputará mañá o Mundial de Parataekwondo, que se está a disputar estes días en Antalya (Turquía) cunha participación histórica de case 400 inscritos. En Tokio 2020 será á primeira vez que o taekwondo pase a formar parte do calendario paralímpico, polo que se aprecia unha maior participación, preparación e interese por parte dos deportistas. Así, na súa categoría (k43) compiten un total de 14 deportistas, destacando o actual número 1 do ranking olímpico, o francés Bopha Kong, xa un vello coñecido para Alex, porque é moi normal que se enfronten nas finais...

Ler Máis

AULA VIRTUAL

Aumentar a letra

  • A  A  A  A  

banner xogamos

banner_dgan

PATROCINADORES

logo_deporte logo_xunta
logo_non dep_coruna dep_ponte

Vindeiros eventos

  1. COPA DEPUTACION-SADA/LUGO?

    14 Novembro / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  2. COPA DEPUTACIÓN (PONTEVEDRA/OURENSE)-?/OURENSE

    21 Novembro / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  3. CURSO DE ARBITRAXE DE COMBATE- A CORUÑA

    22 Novembro / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  4. CTO. EUROPA CADETE-BUCAREST

    26 Novembro / 8:00 a.m. - 28 Novembro / 5:00 p.m.
  5. COPA XUNTA DE GALICIA-?

    28 Novembro / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Siguenos

RibéSalat Contrata o teu seguro

USC