Autor: comunicacion

ÁNGELA BALADO, CAMPIOA DE EUROPA CADETE!!

Ángela Balado (+59, Mat´s) proclamouse hoxe en Atenas campioa de Europa Cadete, tras vencer en catro duros e complicados combates! A galega fixo un campionato espléndido, no que tivo momentos de desfrute e de sufrimento para acadar o título europeo.   Ante rivais que a tiñan máis que estudiada, Ángela foi fiel ao seu estilo a pesar de pásalo mal nalgúns momentos da competición. As dúas primeiras roldas e a semifinal, seguiron unha tónica similar. A alemá Prashant, a grega Konstantinidou e a francesa Bagadi expuxeron  combates de moita mobilidade para buscar o fallo de Ángela, sorprendela e levar...

Ler Máis

GALICIA LOGRA O SUBCAMPIONATO DE ESPAÑA DE HAPKIDO EN SEVILLA

A selección galega de Hapkido conseguiu hoxe, sábado 8 de novembro, o segundo posto no Campionato de España, celebrado en Sevilla. A cita contou cunha alta participación e categorías con máis de 20 deportistas, o que pon en valor o crecemento do Hapkido en España nos últimos anos e o excelente resultado acadado polo equipo galego.   MEDALLAS GALEGAS Categoría infantil Prata – Individual: Aitana Míguez (Malamia) Ouro – Parella: Daniela Torrado e Jimena Rodríguez (Malamia) Ouro – Trío: Ariana Fernández, Ángel Vara e Sergio Dacosta (Sam Mu Dojang)   Categoría cadete Prata – Individual: Begoña Pouso (Malamia) Prata...

Ler Máis

AINARA PIÑEIRO, MEDALLA DE BRONCE NO EUROPEO CADETE!

Ainara Piñeiro (-29, Natural Sport) acadou hoxe a medalla de bronce no Europeo Cadete de Atenas! Este logro chegou no seu primeiro ano como cadete, facendo un campionato espectacular e amosando unha madurez enorme, máis propia de competidoras de último ano.   Na primeira rolda enfrontouse á deportista grega Eirini Anna Gkirtzimani, á que gañou cómodamente en 2 asaltos (de diferencia de puntos o primeiro asalto, e de 11 puntos o segundo). No pase a medalla derrotou, tamén en 2 asaltos, á Sara Filipovic (Serbia), á que Ainara non deu nin unha opción de meterse no combate.   Xa...

Ler Máis

ARRANCA O EUROPEO CADETE DE ATENAS CON DANI ABEIJÓN E NICOLÁS CASAS

Arrincou o Campionato de Europa Cadete, que está a disputarse en Atenas (Grecia), con dous representantes galegos (Dani Abeijón e Nicolás Casas) sobre o tapiz. A pesar de non lograr medalla nesta primeira xornada, os nosos deportistas ofreceron unha gran imaxe, competindo con intensidade e demostrando o seu nivel.   Daniel Abeijón (-41 quilogramos, Natural Sport) protagonizou un combate moi igualado fronte ao representante “neutral”, o deportistas ruso Ruslan Guseinov. Dani comezou con boas sensacións e adiantouse no marcador tras gañar o primeiro asalto. Porén, o rival conseguiu darlle a volta ao resultado impoñéndose nos dous seguintes, finalizando o...

Ler Máis

SEIS TAEKWONDISTAS GALEGOS/AS COMPETIRÁN NO CAMPIONATO DE EUROPA CADETE EN ATENAS

Seis taekwondistas galegos/as participarán no Campionato de Europa Cadete, que se celebrará en Atenas (Grecia) do 6 ao 8 de novembro. Os grandes protagonistas son Daniel Abeijón, Ángela Balado, Ainara Piñeiro, Arianna Deibe, Nicolás Casas e Keila Crujeiras, que representarán ao taekwondo galego nesta importante cita continental, despois de acadar a súa clasificación en torneos nacionais ou internacionais.   O equipo español viaxou hoxe cara a Atenas, coa importante presenza de taekwondistas galegos/as, que están acompañados polo técnico galego Rubén Taboada. O desprazamento descorreu sen incidencias, aterrando na capital grega a primeira hora da tarde. Os nosos deportistas chegan...

Ler Máis

AULA VIRTUAL

Aumentar a letra

  • A  A  A  A  

banner xogamos

banner_dgan

PATROCINADORES

logo_deporte logo_xunta
logo_non dep_coruna dep_ponte

Siguenos

RibéSalat Contrata o teu seguro

USC