Autor: comunicacion

MOITA PRESENZA GALEGA NOS MULTI EUROPEAN GAMES QUE SE ESTÁN A CELEBRAR EN SOFÍA

Do 10 ao 16 de xuño celebraranse en Sofía (Bulgaria) os Multi European Games 2021, nos que teremos unha importante participación galega.   A competición comezará mañá coa categoría cadete, na que contamos con catro protagonistas: Ada Hermelo (-33, Hebe), Nadia Bouzas (-37, Kae Sport), Noa Romero (-44, Natural Sport) e Pablo Torrado (-41, Suh Costado). Os cadetes xa se atopan en Sofía xunto co seleccionador Pablo Carou e a nosa árbitra internacional María Bautista.     Nadia, Ada e Pablo xa realizaron hoxe a súa pesada e competirán mañá, mentres que Noa sairá ao tapiz o venres. En...

Ler Máis

O GALEGO CADETE E SUB 21 DE COMBATE CELÉBRASE ESTA FIN DE SEMANA EN RIBEIRA

Dende que reanudamos as competicións no mes de marzo é algo que se repite: A alta inscrición, que amosa ás gañas que teñen os nosos deportistas de competir. Esta fin de semana celebrarase no Pavillón Alcalde Torres Colomer de Palmeira (Ribeira) o Campionato Galego de Combate das categorías cadete e sub 21. Por suposto, as medidas de protección anti COVID-19 marcarán o desenvolvemento da proba, que se celebrará a porta pechada por decisión da organización para restrinxir ao máximo as posibilidades de contaxio. O torneo será decisivo para confeccionar a lista de seleccionados para o Campionato de España.  ...

Ler Máis

A FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO UNIUSE Á CAMPAÑA DE APOIO AO LEITE GALEGO

Durante a celebración do Campionato Galego Infantil de Técnica, Exhibición e Freestyle en Sada, a Federación Galega de Taekwondo uniuse á campaña de apoio ao leite galego, promovida pola Consellería de Medio Rural.   Desta forma, as e os nosos deportistas tiveron na zona de quencemento cartóns de leite para o seu consumo e repetiremos experiencia o vindeiro sábado no Campionato Galego da categoría cadete. Leite e galego, combinación perfecta!   #TaekwondoGalego #LeiteGalego...

Ler Máis

ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE EN SADA O GALEGO INFANTIL DE TÉCNICA, EXHIBICIÓN E FREESTYLE

Esta fin de semana celebrarase en Sada o Campionato Galego Infantil de Técnica, Exhibición e Freestyle. Foi tal o éxito nas inscricións recibidas (más de 600), que a Federación Galega veuse obrigado a dividir o torneo en dous días (en sesións de mañá e tarde). Ademais, polas medidas de protección anti COVID-19, non haberá público e as e os participantes terán unha hora de acceso á instalación, para evitar aglomeracións.   Unha das novidades deste campionato é que se recuperou a proba de parellas e tríos en infantil, algo que non se realizaba dende había varios anos, ao suprimir...

Ler Máis

UN OURO, UNHA PRATA E UN BRONCE PARA GALICIA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE COMBATE MASCULINO

Galicia ocupou a primeira posición na clasificación xeral por equipos, trala suma dos resultados do Campionato de España de Combate da categoría masculina e feminina. Hoxe celebrouse o Campionato de España de Combate masculina no que Iván García logrou o ouro, Pablo Patiño a prata e Manu Parada, un bronce.   Iván García (+ 87, Mat´s) segue imparable nesta tempada excepcional. O galego venceu nos tres combates celebrados con moita comodidade para proclamarse así campión de España por terceiro ano consecutivo. O primeiro combate foi contra Borja Sánchez (Aragón) e venceu sen dificultade (30-10) e na semifinal enfrontouse a...

Ler Máis

AULA VIRTUAL

Aumentar a letra

  • A  A  A  A  

Secretaría Xeral para o Deporte

XOGADE

banner xogamos

DGAN

banner_dgan

Plan Corresponsables

PATROCINADORES

logo_deporte logo_xunta
logo_non dep_coruna dep_ponte

Vindeiros eventos

  1. OPEN ESPAÑA- LA NUCIA

    5 Abril / 8:00 a.m. - 7 Abril / 5:00 p.m.
  2. CURSO ACTUALIZACIÓN ADESTRADORES-PONTEVEDRA

    12 Abril / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  3. CPTO. PROVINCIAL ESCOLAR – FREESTYLE/TÉCNICA -TEO/TABOADA/OURENSE

    13 Abril / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  4. CURSO ARBITRAXE COMBATE E CURSO DE RECICLAXE-PONTEVEDRA

    14 Abril / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  5. CPTO. PROVINCIAL ESCOLAR – FREESTYLE/TÉCNICA -PONTEVEDRA

    14 Abril / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Siguenos

UFEDEGA

RibéSalat Contrata o teu seguro