Autor: comunicacion

IVÁN GARCÍA, BRONCE NO OPEN DE TURQUÍA

Iván García (-87, Mat´s) logrou hoxe a medalla de bronce no Open de Turquía (G2), despois de facer catro combates. Foi a única medalla galega neste Open, aínda que Sara Cortegoso e Arlet Ortiz estiveron tamén preto do podio, ao caer nos cuartos de final. Iván comezou a competición contra o turco Ali Bicakci e foi tremendamente superior ao gañar por 20 puntos de diferenza (5-25). En segunda rolda esperaba outro competidor de Turquía, Umbet Shakiyev, e aínda que foi un combate un pouco máis complicado, o galego volveu a gañar sen excesivos problemas (5-12). En cuartos de final...

Ler Máis

BRONCE PARA A PARELLA ALEJANDRO LOSADA E RAQUEL GUILLÉN NO OPEN DE LILLE

No Open de Lille de técnica, medalla de bronce para Alejandro Losada e Raquel Guillén (Tao) en parellas 1. Magnífica actuación da nosa parella, que actuaba como selección galega e logrou subirse ao podio. Na loita por entrar na final, gañaron nun poomsae, pero no outro non estiveron acertados e por iso, a eliminatoria decantouse a favor de Holanda.   Ademais tamén participaron a nivel individual e aínda que non acadaron medallas estiveron a un altísimo nivel e caíron nos enfrontamos ante os deportistas que ao final lograron a medalla de ouro.   Raquel enfrontouse a Eva Sandersen (Dinamarca),...

Ler Máis

CASE 550 PARTICIPANTES NA COPA CIDADE DA CORUÑA, QUE SE CELEBRARÁ O SÁBADO 16 DE FEBREIRO

Este sábado 16 de febreiro celebrarase a XIV edición da Copa Cidade da Coruña de Taekwondo no Coliseum da Coruña (de 09:00 a 22:00 horas) coa participación de case 550 deportistas de Galicia, Asturias, Baleares, Castela e León e Portugal. Igual que o pasado ano o torneo disputarase tanto na modalidade de combate en todas as súas categorías (dende alevín ata máster), como de hapkido (defensa persoal). Este torneo (categoría RG-2) forma parte do Circuíto Galego de Ránking, organizado pola Federación Galega de Taekwondo e tamén será puntuable para o ránking de Portugal, polo que contaremos coa presenza dun...

Ler Máis

PABLO PATIÑO, CLASIFICADO PARA O EUROPEO JÚNIOR TRAS ACADAR O BRONCE NA PRESIDENT´S CUP

Pablo Patiño (-63, Patiño) logrou a clasificación para o Europeo júnior, tras conseguir a medalla de bronce na President´s Cup júnior en Antalya (Turquía). Foi unha medalla moi disputada, xa que o galego tivo que vencer catro combates para garantir o bronce. Finalmente non puido presentarse á semifinal, xa que en cuartos sufriu un golpe no xeonllo e non quixo arriscar. Na primeira rolda Pablo venceu ao turco Sadullah Karakoc con enorme superioridade (18-2). Posteriormente enfrontouse ao ruso Egor Mokerov  e nova vitoria ampla para o deportista do Patiño (8-18). Nos oitavos de final o rival foi outro ruso,...

Ler Máis

CLOE IGLESIAS, PRATA E DIANA SIOTA, BRONCE, NA PRESIDENT´S CUP E CLASIFICADAS PARA O EUROPEO JÚNIOR

Dúas medallas para as taekwondistas galegas presentes na President´s Cup júnior, que se está a celebrar esta fin de semana en Antalya (Turquía). Cloe Iglesias (-59, Patiño) acadou a medalla de prata, mentres que Diana Siota (-49, Couto) foi bronce e ambas lograron a clasificación para o Europeo júnior. Cloe Iglesias, no seu cambio de categoría, realizou un campionato espectacular. Con só 14 anos tivo que enfrontarse a tres rusas para lograr a prezada medalla de prata. En dezaseisavos tivo como rival á turca Hatice Erdogan, á que superou nun axustado combate (2-3). En oitavos atopouse coa primeira rusa,...

Ler Máis

AULA VIRTUAL

Plan Corresponsables

Aumentar a letra

  • A  A  A  A  

XOGADE

banner xogamos

DGAN

banner_dgan

PATROCINADORES

logo_deporte logo_xunta
logo_non dep_coruna dep_ponte

Siguenos

UFEDEGA