Autor: comunicacion

Balance da tempada do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

No remate da tempada toca facer balance e os técnicos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva non poden estar máis satisfeitos. Jesús Benito, como responsable da sección de taekwondo, felicita aos deportistas que “adestran con nós por todo o esforzo e adicación que amosan en cada adestramento e polos bos resultados que están a obter”. O corpo técnico, formado por Jesús Benito e Belén Asensio, tamén quixo agradecer á dirección do Centro, dependente da Xunta de Galicia, “polo apoio que nos proporciona e á Federación Galega, os clubs e os seus técnicos, que nos apoian  e confían no noso...

Ler Máis

INFORMACIÓN CAMPAMENTO DE VERÁN SOÑO OLÍMPICO -11

O luns 15 de xullo comeza o Campamento Soño Olímpico 11, que se desenvolverá do 15 ao 21 deste mes en Riveira. Como todos os anos contarán con destacados deportistas e técnicos para acompañar aos participantes durante esta semana máxica. Nos documentos adxuntos tedes toda a información sobre o campamento. CAMPAMENTO DE VERANO SO iniciacion CAMPAMENTO DE VERANO SO.11 perfec SO11 AUTORIZACIONES Y NECESIDADES (1)...

Ler Máis

Galicia, primeira por equipos no Campionato de España sub 21

Galicia impúxose na xeral do Campionato de España sub 21 ao lograr o primeiro posto na categoría feminina e o terceiro, na masculina, o que lle outorgou o primeiro lugar na xeral por equipo do Campionato de España sub 21. Este torneo era decisivo para os participantes, xa que pechaba a clasificación para o Europeo sub 21 de Suecia, que se celebrará a comezos de setembro. Na categoría feminina, espectaculares resultados das nosas deportistas. Alma Pérez (-53, Suh Sport) segue con esa magnífica traxectoria e revalidou o título de campioa de España ras gañar catro combates. Pero ademais, Tania...

Ler Máis

Galicia vence na xeral do Campionato de España Júnior

Galicia logrou onte en Valladolid o título de campioa de España Júnior por equipos!!! A selección galega foi a primeira clasificada tanto na xeral como na categoría feminina, mentres que na masculina ocupou a terceira posición. Moitas medallas para os nosos deportistas nesta primeira xornada do campionato de España que se disputou en Valladolid. En júnior magníficos resultados para as e os nosos deportistas. Na categoría feminina chegou o título por equipos grazas aos 4 ouros e o bronce conseguidos. Proclamáronse campioas de España, Ainhoa García (-63, Couto), Irene Montemuiño (-55, Natural Sport), María Ferreiro (-44, Couto) e Desiree...

Ler Máis

AULA VIRTUAL

Aumentar a letra

  • A  A  A  A  

Secretaría Xeral para o Deporte

XOGADE

banner xogamos

DGAN

banner_dgan

Plan Corresponsables

PATROCINADORES

logo_deporte logo_xunta
logo_non dep_coruna dep_ponte

Vindeiros eventos

  1. CPTO. GALEGO JUNIOR 2024- VIVEIRO

    20 Abril / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  2. CURSO XUECES CALIFICADORES E CURSO DE RECICLAXE-PONTEVEDRA

    21 Abril / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  3. CPTO. AUTONOMICO ESCOLAR -TÉCINCA /FREESTYLE-VIGO

    27 Abril / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  4. CPTO. GALEGO DE HAPKIDO- CARBALLIÑO

    4 Maio / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  5. CPTO. ESPAÑA UNIVERSITARIO -TOLEDO

    18 Maio / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Siguenos

UFEDEGA

RibéSalat Contrata o teu seguro