Autor: comunicacion

A selección galega júnior, vencedora do Open de Cantalejo

A selección galega júnior proclamouse onte vencedora do Open de Cantalejo (Segovia), superando a seleccións tan potentes como Castela e León, Madrid ou Valencia. Magnífica a participación das e dos nosos deportistas que lograron un total de 12 medallas (7 ouros, 2 pratas e 3 bronces)   Na categoría femenina houbo dúas finais galegas, no peso pesado e en menos de 63 quilogramos. En +63 quilogramos as protagonistas foron Elisabeth Piedras (Patiño) e Desiree Rivadulla (Suh Sport) e o título foi para a primeira, mentres que Rivadulla logrou a prata. Antía Sanchez (-63, Suh Sport) logrou o ouro fronte...

Ler Máis

O TORNEO VILA DE MOAÑA REUNIRÁ MIL TAEKWONDISTAS ESTA FIN DE SEMANA

Esta fin de semana (23 e 24 de novembro) celébrase o Torneo Vila de Moaña, no que participarán mil taekwondistas   pertencentes a 56 clubs de Galicia, o resto de España e Portugal, ademais de 85 árbitros e 125 técnicos. En total, o Open acollerá a case 1.400 persoas.   O evento disputarase os días 23 e 24 de novembro no pavillón de Reibón. A xornada do sábado estará adicada á modalidade de combate con 501 participantes pertencentes a 43 clubs, 46 árbitros e 76 técnicos. De 9 a 13:30 horas competirán os participantes das categorías precadete, infantil, absoluto e...

Ler Máis

Laura Vázquez, Premio á Excelencia Deportiva da Universidade de Vigo

A taekwondista do Tao Laura Vázquez Hermida recibirá mañá 21 de novembro o Premio á Excelencia Deportiva, concedido pola Universidade de Vigo, no que se destaca a boa conciliación da carreira deportiva coa vida académica. Cada ano, a Universidade de Vigo, no decurso da Gala do Deporte Universitario, fai entrega dos premios máis importantes, os premios que recoñecen os deportistas que destacan como auténticos exemplos de coherencia e constancia. Deportistas que conxugan con moito esforzo os seus adestramentos e competicións cos seus estudos. Os Premios Excelencia destacan iso precisamente, a conciliación da carreira deportiva e a vida académica. Este...

Ler Máis

RESULTADOS JÚNIOR E CADETE NO OPEN DE FRANCIA

As e os nosos pequenos tamén nos deron moitas alegrías no Open de Francia, onde sumaron un bo botín de medallas.  Na categoría cadete, Adrián Salanota (-61, Maniotas) acadou a medalla de ouro, tras superar con enorme superioridade na semifinal ao español Alejandro Martínez Carrión (1-21) e na final ao francés Nathan Jules (33-15). Samuel Meilán (-53, Tao) logrou a medalla de prata tras superar tres combates e perder na final contra o francés Rynald Saal, nunha axustadísima loita (26-24). Previamente venceu a Lorenzo Scafaria (6-30), ao finlandés Niko  Myllynen (41-23) e ao italiano Francesco Scamolla (22-19). Tamén foi...

Ler Máis

AULA VIRTUAL

Aumentar a letra

  • A  A  A  A  

banner xogamos

banner_dgan

PATROCINADORES

logo_deporte logo_xunta
logo_non dep_coruna dep_ponte

Siguenos

RibéSalat Contrata o teu seguro

USC