Hoxe celebrouse o Europeo Praia de técnica e freestyle en Antalya (Turquía) e novamente baño de medallas para as e os representantes galegos.

Houbo varios ouros. Alex Losada (Tao) proclamouse campión de Europa de Taekwondo Praia en sénior 1 e tamén logrou o título en parella 1, xunto a súa compañeiro de club, Raquel Guillén. Ademais, hai que destacar o triunfo do trío 2 (con Noelia Pérez, Vanesa Ortega e Sonia Pérez, do Hebe), que hai dous días lograra o título no Europeo de Técnica. Pechamos as medallas en técnica co bronce de Álvaro Portela (Hebe) en júnior individual e os dous bronces de Vanesa Ortega en individual 2 e en parella 2 (xunto a Ramón López, de Castela a Mancha).

En freestyle, as e os taekwondistas galegos volveron subir ao podio a recollelo seu premio. En -17 anos masculino, Manu Paz (Hebe) acadou a medalla de prata, mentres que Tomás Fernández (Kiap) foi bronce. En + 18 masculino Samuel Alves (Tao) logrou a prata con Ángel López (Mace), no terceiro caixón do podio (bronce).  Na categoría feminina + 18, Eirim Vaamonde (Yidam CEIP-Balaídos) e Celia García (Tao), lograron sendas medallas de bronce. Ademais a parella de + de 18 anos formada por Miguel Barreiro e Sophie González (Yidam) acadaron a medalla de bronce, igual que o quinteto formado por Samuel Alves, Tomás Fernández, Marcos Silva, Celia García e Laura Vázquez.

En taekwondo praia hai outras modalidades como son os rompementos ou saltos de altura. Desta forma, en salto de altura feminino Mara Cid (Yidam) logrou o ouro, con Sophie González (Yidam) e Celia García (Tao), na terceira posición. A prata foi para unha deportista rusa. Ademais, Miguel Barreiro (Yidam) logrou o bronce no salto masculino.

En canto aos rompementos hai diferentes categorías. En Rompementos Dinamic Kicks as e os participantes fan dúas roldas por enfrontamento. Na primeira se realiza acrobacias con patadas e na segunda unha secuencia de rompementos libres. O gañador foi o turco Yusuf, con Ángel López na segunda posición e Miguel Barreiro e Manuel Paz, como bronces.

En rompementos Free Breaking –rompementos de libre elección- Eirim Vaamonde logrou o ouro na categoría feminina, mentres que na masculina Miguel Barreiro foi ouro e Ángel López, bronce.

En Spinning Kick –rompementos en xiro- prata para Ángel López e bronces para Miguel Barreiro e Manuel Paz. Rematamos cos rompementos Múltiple Kicks (rompemento de varias patadas no aire) nos que Miguel Barreiro foi prata e Ángel López, bronce.

Noraboa a tod@s polos magníficos resultados!

Print Friendly, PDF & Email