No Open de Lille de técnica, medalla de bronce para Alejandro Losada e Raquel Guillén (Tao) en parellas 1. Magnífica actuación da nosa parella, que actuaba como selección galega e logrou subirse ao podio. Na loita por entrar na final, gañaron nun poomsae, pero no outro non estiveron acertados e por iso, a eliminatoria decantouse a favor de Holanda.

Raquel enfrontouse a Eva Sandersen (Dinamarca), e foi unha loita moi axustada. A galega venceu nun poomsae e perdeu noutro e todo se decidiu por só unha décima a favor da danesa.
Pola súa banda, Alex tiña como rival a Joel Van der Weide (Holanda), que ao final tamén logrou o título.