Medalla para o taekwondo galego no Mundial de Poomsae de Hong Kong! A taekwondista galega Beatriz Queiró (Omnihum) acadou o bronce xunto ao catalán José Manuel Marín en parella + de 60 anos!
Queiró e Marín aseguraron a medalla tras superar na semifinal a Canadá. Posteriormente enfrontáronse a Alemaña, que finalmente acadou o ouro no Mundial. Foi unha loita moi axustada, xa que o equipo español empatou a puntos no primeiro poomsae e so caeu no segundo. A galega non podía estar máis feliz ao remate da xornada, “nunha nube”, xa que é un premio a constancia e o traballo de moito tempo.
Ademais, hoxe tamén participaron Jessy Shin Veiga (trío cadete feminino); Ana Llin Shin, Yaiza Velo e Lucía Roca (trío júnior feminino); Begoña Veiga (trío -50 feminino); Manu Paz (freestyle + 18 individual masculino) e Irea Abuín (freestyle + 18 individual feminino), pero sen premio en forma de medalla. O trío cadete perdeu contra Australia; o trío júnior, ante Filipinas e o trío -50, ante Vietnam. Ademáis Manu e Iria non puideron avanzar á final.
E xa estamos a pensar na cuarta xornada do Mundial na que teremos a 13 participantes galegos. Será o momento de Hugo Arnoso, Adri Vidal e Miguel Antón Rosende (trío cadete); Lucía Roca e Aitor Teijeiro (parella júnior); Alex Camba, Carlos Rey e Marco García (trío 1); Seung Han Shin (trío -60); Espe Fernández (trío -60), Óscar Rey (Máster 3) e a parella de freestyle -17 formada por Yaiza Velo e Pepe Soto.
Como sempre, desfrutade ao máximo da experiencia!
#taekwondogalego #orgullososdosnosos #orgullosasdasnosas